Ana, ha recuperado los cuentos que me escribe por mi cumpleaños... digamos que este fue el primero de unos cuantos...
Muchas gracias, reina de la república independiente de Cacheiras... gracias, por cada una de tus letras :)
Marta, 7.5.97
Erase unha vez que se era, unha rapaza na eira,
cálida como un mencer de vran, dourada como un grau de millo.
brinco de volvoreta con espigas por cabeleira
vestida cun grande sorriso e dous luceros en sarillo
Un domingo de maio, hai agora vintecinco anos
Erase unha vez que se era, unha rapaza larpeira
Nada en día de folgar e alegria, bebeu da vida a canos
Encheu a todos de ledicia desde a mañá primeira
Cun corazón duas tallas máis alá das habituales
Erase unha vez que se era, unha rapaza senlleira
Grande e fermosa, espalla simpatia a raudales
e ilumina coa mirada a quen se achega a súa veira
Sen esquecer un bico azul para quen con amor a arrolou
Erase unha vez que se era, unha rapaza brincadeira
bicos que navegan polo vento e a voz da aboa achegou
Agarimos revividos, a flor máis bella da primaveira
Camisiña e canesú, moneca de sol vestida de mar
Erase unha vez que se era, unha rapaza de Cacheiras
Meniña grande dos meus ollos nunca te canses de amar
Deixa que as penas e as tristezas pasen por ti silandeiras
E non te demores con elas máis do que sexa preciso
que se de todo conven aprender, é máis que nada das alegrías
das que acopio debes facer, para ter sempre un sorriso
con que alimentar as tardes sombrías.
0 comentarios