Blogia
;-)

www.comigotu.com

IDEAS FLOTANTES ...(1ª Parte Feito por Maite axudada por Lucía Sobre a Búsqueda da identidade sexual e persoal(ALTO E CLARO: sen filosofar)
A día de hoxe existen publicadas numerosas teorías e hipóteses sobre o movemento social e emocional chamado comúnmente "Queer": en inglhés quere dicir raro/a.
É unha máxima universal o feito de que ninghunha teoría ten ou debe posuír a verdade absoluta. Cada un/unha ten a súa propia. Sería o máis coherente e verdadeiro.
É moi sinxelo cheghar a un grhupo de xente e empezar a soltar palabras fermosas, tecnicismos que nin dios os entende –nen sequera eles/elas mesmos/as-. Hai numerosos exemplos. Aghora non é o momento.
É moi común que a determinada idade nos plantexemos (ou polo menos sería recomendable reflexionar algho) sobre a nosa identidade sexual, así como a profesional e inclusive a existencial. Cada un/unha ten o seu propio proceso así coma a súa propia vida que pode facer dela un pandeiro se quere e se lle deixan!!!
Este libro ven a conto para acheghar ao público dunha maneira o máis clara posible o reflexo da libertade para elexir o que queremos ser. Vivindo en harmonía, paz e cordialidade ...
Todo é máis sinxelo do que pensamos.
Tódalas teorías escritas (moitas veces debatidas) teñen algho en común:
Quenes somos??
Que queremos ser??
Como queremos ser??
Como queremos que sexamos??
Sinto escribir dudas universais, dudas que a maioría das veces damos por sabidas. Esquecemos comúnmente o sabio dito de: – da pouca filosofía á que pretendemos recurrir-. Normalmente miramos para outro lado, non escoitamos ou dicimos: "Iso son tolerías, non lle des tantas voltas!!"
O obxectivo primordial deste ensaio-reflexións é ir ó grhano. Está en boga iso de declarar públicamente a nosa identidade sexual: "mamá son gei" "papá son lesbiana" "colegha son bi".
Persoalmente eu non son nin branco nin neghro, nin iraquí nen ianqui; nen tutsi nen utu; nen católico ou islámico. Tampouco creo que haxa quén de poñer calquera tipo de etiqueta a un ser humano.
Non deberiamos ter ese dereito.
O dereito na súa orixe ten a capacidade para darnos uns recursos, uns beneficios pero tamén exise unhas oblighacións por parte das persoas. Con isto quero expresar públicamente o meu desacordo con calquera tipo de imposición social. Calquera persoa nace, crece, reprodúcese (se quere e se pode) e morre cando non é asasinada).
O resto é complicala vida.
En España como país supostamente desarrollado, supostamente constitucional e cunha historia chea de loitas sociais non cabe en ninghunha mente o feito de deneghar calquer dereito.
Para iso van xa 26 anos da nosa CONSTITUCIÓN!!!
Ighualdade ...?
Respeto ...?
Libertade ...?
Solidaridade ...?
... ?????????
Cheghamos ao terceiro milenio e en teoría evolucionmos, aínda que en outras culturas permanezcan en outras épocas evolutivas: distintas épocas no mesmo planeta !!!
Cheghamos pero aí non se acaba o mundo como dixera Nostradamus.
Con traballo
Coas nosas voces
Coas nosas máns
Para que non mexen por nós
Para sentirnos realmente libres
Realmente felices con nós mesmos/as
E non fuxir
E non calar
Non dicir: UPSSS; Pois a min pásame o mesmo pero bueno …
Non dicir: eu son así.
Para non escoitar: "ti estás tolo rapaz!!"
Para ser capaces de decidir por nós mesmos o noso presente inmediato e o noso propio futuro.
Ou polo menos ter dereito/s.
Para ser:
NÓS
MESMOS
MESMAS
SEN ETIQUETAS
BUSCANDO A NOSA IDENTIDADE
PROPIA
ÚNICA
INTRANSFERIBLE
"RARA"
ATOPÁNDOA
POUCO A POUCO
POR NÓS MESMOS/AS
PARA TODOS/AS
UNIDOS/AS
REALMENTE
CON AXUDA DE TODOS E TODAS
SENDO IGHUAIS
COMENDO TODOS
RINDO TODOS
CADA UN Á SÚA MANEIRA.
Dende o noso punto de vista e logho de que Maite tivese a inmensa paciencia de ler numerosos libros, ensaios, recesións; soportando numerosas conferencias:
Alghunhas incoherentes e demasiado complicadas.
Ambas teños o inmenso desexo e inquietude de que estas verbas tan humildes poidan chegharlle dende á miña abuela (ghuapa!!!) ata a Simeone de Beauvoir que as nubes te arropen.
Aghora mesmo que redacto o boceto, pendente de máis reflexións e de contrastes leo na parede da Casa dos Voluntarios/as libres, situada en Lira-Carnota-Galiza-España-O mundo-O universo, leo nun cartel:
"A vida non ten relixión"
Escrito por e para a Facultade da Vida.
Grhaciñas: Swen, Antonio, Inma, Laura, Pipas, Itxi, Tim
E
Todos e todas
Voluntarios/as
Libres
Ou non ...
Esta cita ven a dicir algho fundamental...
Quen máis e quen menos anda a buscar as súas orixes. Os/as arqueóloghos/as; os/as científicos/as; os/as historiadores/as; os/as filóloghos/as; os/as avogados/as ...
Eles búscana dunha maneira ou doutra: da súa. A partir da súa formación académica-persoal!!! Din que para saber quen és necesitas coñecer de ónde ves... reflexionamos do que é o importante. Isto non é sinxelo: implica o autocoñecimento, a auto-críticia, o respeto ao diferente... require de moito traballo: lendo, escribindo (como aghora mesmo estamos a facer); reflexionando, escoitando, aprendendo.
O básico é o coñecemento, así sí que seremos capaces de cambiar: ¿O qué? ¿para que? ¿quen? ¿podese? ¿para quen? ¿todos/as? ¿temos tempo? ¿Queer? ¿Raro/a? ¿por qué nós? ¿por qué non? ¿quenes somos nós realmente??
Decidimos sacar á luz entre no-las dúas istas ideas flotantes, son flotantes ata que non cheghe ata vostede... lector/a ... con puntos suspensivos para que vostede o complete co seu pensamento. Dunha maneira aberta a distintas opinións.
Ámbalas dúas: Maite e eu, Lucía, tivemos a fortuna e o traballo de coñecernos na mesma época. Falamos en varias ocasións e simplemente deixámonos levar polas circunstancias socio-políticas actuais. Pensamos e falamos moito para evolucionar persoalmente creando palabras a partires de sentimentos e opinións ... distintas, pero non por iso menos "válidas". Ighual nen sequera nos volvamos atopar: a vida pode cheghar a ser tan cruel ... aínda así quédanos moito por andar e madurar.
Ao que sí estamos moi aghradecidas –falo por min- é tanto ao destino coma á nosa educación pública que nos permitiu e nos permite seghir on the road...
Eu, Maite –dicíame pola tarde- "cando escribo sempre deixo as frases con ... puntos suspensivos, xa que non estou seghura ... tamén me imaxino que non son quen de afirmar rotundamente nada ..."
Tamén nos podemos considerar afortunadas de poder falar xuntas de cómo anda este mundo e de cómo hai que cambialo ... eu, a súa axudante, doulle as miñas máis sinceras e ghratas ghraciñas. Dighoo coa miña alma e coas miñas mans que son as que aghora poden escribir esto.
Volvendo co tema principal ...
O movemento "Queer", pronunciado . Foi e volve ser un movemento de pensamento e de manifestacións artísticas sobre cómo quere ser cada un/unha. Sendo o que un REALMENTE quere. Sen imposicións.
Con TOTAL libertade para todos/as.
(Movemento reivindicativo dos/das chamados/as comúnmente: RAROS/AS)
A cuestión é por quén??
Eles mesmos como forma de reivindicar determinadas "palabras feas" chámanse como son: lesbiana, maricón, puta, trans, bollera, mariquita... etc ... etc... É unha forma de non sentir nen medo nen verghoña chamando as cousas polo seu nome de "pila". Iso foi o que entendín cando ela mo comentaba no coche camiño da praia de Meniña ... Muxía.
En Galiza atopámonos cun grhupo homoxéneo que ten a súa sede de reunión en Vigho chamado R.S.T.: "Raras Somos Todas".
Noutros lughares de España tamén hai colectivos da mesma tendencia ou semellante. No resto de Europa e do Mundo tamén.
Un exemplo é "Queer for Peace": colectivo contra a gherra con ideoloxía Queer ...
Eles/as mesmos/as berran:
Temos orghullo por ser o que se considera o socialmente raro/a.
Temos que desvincularnos dos "aburghesamentos" e do "amoldamento social" hacia o que xa se considera o normal: geis, lesbianas, neghros, .... etc
Temos que buscar e reivindicar a PLURALIDADE: "compón a túa identidade e reflexiona sobre a túa orientación fronte ós clásicos binomios:
Muller/home
Tetas /coño/pene
Branco/neghro
Bo/malo
....
Cambiando de tercio: hoxe rín a cachón cando ela, Maite, pronunciou unha palabriña moi cuquiña á que eles, os "cuir" lle chaman:
HER-MA-FRO-BOLLERA
¿?????????????????????????????????????
Aínda non o entendín moito pero, en fin ... pouco-a-pouco. Xa o explicarás máis adiante ...
Volvendo: tamén existe outro movemento chamado "Pro-comun" liderado por Mikel Vidal.
Tamén hai un grhupo de teatro experimental que se auto-denominan "Pos-Op" (termo clínico). Eles/elas non se queren decantar por ninghún lado. Respetable.
A día de hoxe, 2 de Setembro de 2004 os "abanderados" que xa tiveron a valor de publicar algho sobre estes temas foron:
Javier Sáez " Teoría Queer e psicoanálise"
Beatriz Preciado: "Teoría Contrasexual"
Delagree Volcano
.... outros máis
... E parece ser que hai varios filósofos/as coma:
Foucart, Deluze, Derrida e incluso apropia Beauvior – non sabemos con exactitude a grhafía dos nomes-.
Xa nos anos 70 atopamos a ...
Monique Witting
Judith Butler
Temos moi claro que son simple ventanias para aqueles/as que non encaixan no seu momento e que teñan alghunha inquietude!!!
Recomendamos unha páxina güeb: www.hartza.es.
E varias películas: Facking Amal e Venus Boyz.
É evidente que cos recursos dos que dispoñedes na actualidade poderiamos ampliala bibliogrhafía, videoteca, etc pero dende o noso punto de vista tamén é interesante que busquedes por vós mesmos/as.
Eu, persoalmente sintetizaría todas estas páxinas escritas ata o de aghra en dúas liñas:
Búsqueda da túa propia identidade (sexa o que sexas)
Fora as etiquetas!!! Xa que non somos productos!!!.
Para completar o que levamos dito teremos que tamén sacaredes as vosas propias conclusións.
Referíndonos ás etiquetas sociais, do tipo que sexan, queríamos expresar que éstas deshumanizan. Non somos productos. Somos o que somos, porque sentimos e os sentimentos non son dunha forma perfecta. Para entender isto é coma que non hai dúas persoas ighuais (excepción dos clones) aínda que sexan xemelghos/as; non hai estructuras corporais ighuais; diferentes especies: animais, vexetais, etc.
Tamén hai diferentes opinións. E iso é o importante!!!
O escritor francés de teatro xa falecido: Bernard Marie Coltés comentaba nunha entrevista que "a partires da caída do Muro de Berlín non só caeron unhas pedras senón que tamén caeron os ideais de capitalismo e comunismo:caeron ideais, pensamentos, sentimentos (...) e que as persoas deixaron de ter ideais o que conlevou a unha pérdida de identidade por parte da xuventude así que nos atopamos cunha pérdida da identidade".
Hai que buscala. O que algho busca algho atopa. As mulleres que estamos a redactar estas ideas seghimos buscando. ¿somos raras? ¿qué é o que se entende por normalidade? ¿o que se consume? ¿por qué?
Ninghén é un producto.
O sexo é distinto que a sexualidade. O sexo é unha acción. A sexualidade son sentimentos. As persoas non somos simples consumidores de productos, somos seres humanos, vivos, pensantes e sentimentais.
Fai uns días tiven o inmenso pracer de ler unha entrevista ao autor italiano Alessandro Baricco, autor de Seda, magnífica obra que tamén recomendamos a súa lectura, que na actualidade desgrhaciadamente tendemos á superficialidade. Eu persoalmente son moi crítica de cara ao ambiente guei ou a outros movementos que só buscan tanto a posición social alta ou marcar demasiado as diferencias... creo que somos ighuais. Dise na Declaración Dos Dereitos Humanos. Na Constitución. Simple. Sempre nos complicamos a vida. A sexualidade de cada ún, é única, é súa. Namorámonos das persoas non dun xénero. Eu polo menos sí. Se nón sería demasiado normal. Non son Queer. Son eu. En todo caso: instinto distinto. Pero como xa dixen: Fora as etiquetas!!!
O normal cando notas que non encaixas e che pasa algho raro por dentro. Un día "descubres" que hai xente coma ti. Coincides cun grhupo ben de lesbianas, gueis, ecoloxistas, asociación xuvenís... Ao principio úneste moito. Compartes vivencias, experiencias ... e todo é moi bonito. Créste diferente polo feito de falar ... de cousas. Non o critico porque prodúcese comunicación entre persoas e iso sempre leva a cambios. Os cambios, as diferencias son boas. Pero ighual que nos estamos a diferenciar dunha masa: do normal. Pouco a pouco ímonos introducindo noutro "mundo". Como xa digho é natural e humano. O problema e o realmente difícil dende o meu punto de vista é que ten que cheghar un "punto vital" no que ti tamén te diferencies dese grhupo. É o que en psicoloxía se denomina . Para cheghar a ser independente emocional hai que traballar, opinar, falar ti mesmo. Cuestionar o que o grhupo di. Aínda que haxa discusións.
É o único xeito de ser ti e de crecer ti persoalmente.
Xa digho que o normal non é ser independente emocional (o dicía unha avogada nunha conferencia sobre o papel da muller no proceso de paz mundial). O máis doado é deixarse levar porque temos medo. Moito. De ser diferentes e que non nos faghan caso. Medo ao fracaso, a equivocarnos. Pero sempre se di que os humanos non somos perfectos. Ademáis implica un contacto emocional moito máis forte.
Se vos dades conta ao participar activamente en calquer tipo de colectivo se volve máis ou menos ao mesmo: distinghome da masa (pero estoume a meter noutra masa)
¿Para qué?
¿Para ser mellor??
¿de quén?
Simplemente para ser diferente tés que ser ti.
Fai dous anos fixen o meu primeiro viaxe soa. Lonxe. Despois de estares varias semanas cuns amighos collín o Amtrak –tren de lonxanías estadounidense- para pasar uns días soa en Seattle downtown. A viaxe xa fora incrible. A ghinda foron ises días. Tiven a oportunidade de asistir á cerimonia do té xaponés (moi recomendable polo seus rituais). Cando rematou puiden falar cunha señora maior que non participara no ritual. Comentoume no seu "engrish" (o inglés que se fala en Xapón) que "o máis importante da vida era ser un/unha mesmo/a porque así seríamos capaces de disfrutar o 100% de todo".
Sencillo.
Máis do que pensamos.
Dende esa apasióname viaxar: soa. Para abrirme ao mundo e coñecer tódalas ricas e bastas culturas. Recoméndoo a tódala humanidade.
Para crecer
Para aprender
Para poder cambiar
Para ver as cousas diferentes
Sentirnos diferentes
Vivir diferentes
Ser felices tal e como somos
Sen estereotipos
Sen deshumanizarnos
JUST BE
YOUR SELF!!!
Cheghamos a un dos puntos clave. ¿Cómo ser eu mesmo/a? Coma todo nesta vida é un proceso. Diferente ao dos/das demáis. A maioría das veces conleva numerosas crises persoais ata que os cimentos internos vanse asentando. Comprende normalmente a partires da adolescencia cando empezamos por preocuparnos pola apariencia física, os grhupos de amigos/as, as relacións cos pais empeza a mudar, novos compañeiros/as de instituto, de universidade, de traballo... etc... as nosas decisións xa comezan a ser máis relevantes ca antes: ir por letras ou por ciencias?? Unha carreira de 3 ou de 5 anos?? Se marcho da casa para estudiar qué pasará logho?? Seghirá todo ighual?? Cambiarei demasiado??
É unha época da vida moi complicada. Empezan as responsabilidades a rondar a nosa mente. Dores de cabeza. Ai!!
Tamén é unha época de rebeldía. Os/as amighos/as inflúen en nós moitísimo. As decisións que vas a tomar son moi importantes. Comenzámonos rebelándonos dos pais, dos mestres, das institucións, da sociedade en xeral ... e aquí é onde entran en acción os grhupos de influencia: asociacións, colectivos, a parella ...
... e non olvidemos aos medios de comunicación!! A publicidade, a televisión, o cine, o teatro...
Pero creo que realmente no que máis influimos e viceversa polo menos aquí en España é pola noite, cos/cas amighos/as. De marcha, bebendo, fumando, follando, rindo, cantando, olvidando, xoghando, falando, bailando ... mentindo ...
¿Rebeldía?
O normal é sair tódalas noites, ou polo menos tódolos venres, sábados e alghún que outro domingho. En onde sexa: Santiagho, Santa Comba, Noia, Ordes, Portonovo ... e se podemos: Ibiza, Valencia, Madrid, Barcelona .... etc ... etc ...
Por iso resúltame curioso que a min persoalmente me chamen ... RARA ... por non facer estas cousas. En cambio fagho ... por ver unha boa película, ter unha boa conversa, facer uns bos viaxes ... ou simplemente levántome un día coma hoxe: Domingho, 4 de setembro ás 4:30 para redactar o que levaba moito-moitísimo tempo pensando, falando, reflexionando... e logho pois ... deberei ser RARA, moi RARA!!! Por loitar por un mundo ighual, de paz, reciclado. Dinme que non hai tempo. Un personaxe dun dos meus textos (Detestos) vende tempo: libre, climático, ocupado, estresado, cansado, para vivir, para respirar, para viaxar... para o que un máis desexe nesta vida!!!
Fai un cuarto de hora tiven a "luceciña" de recordar unha conversa de fai polo menos 4 anos!!! Estabamos 5 amighos sentados nunha praciña de Pontevedra. Foramos alí a asistir ao Festiclown. Estabamos moi cansos. Un dos meus coleghas (un rapaz moi forte e moi alto) decidíu marchar para casa. Eran as 4 a.m. Non beberamos casi nada porque os espectáculos facíanos mover e bailar. Unha das miñas ex – coleghas dixo referíndose ao rapaz que decidira marchar: "mira que rarito" ... silencio ...
Era curioso que o dixera ela e non outra persoa xa que curiosamente no meu grhupo de amighos o que abundan afortunadamente para nós mesmos é a rareza. A maioría len moito, tamén falan moito, escoitan moito e quedamos moi de cando en vez ... cada ún no seu sen maior problemas ....
Querémonos tanto que ata nos cheghamos a odiar ...
A partires de ese día algho se rompeu con esta ex – colegha.
Queridísimo/a lector: ¿qué é para vostede o normal?? Se por exemplo vostede está moi canso non está no seu dereito de ir para casa?? Se a vostede o que lle ghusta é ler non está no seu dereito?? Se a vostede o que lle ghusta é camiñar ao revés, descalzo, cunha perruca e ghritando "jare-jare: JARECRISTNA!!!" non está no seu dereito. Recorde por favor á Constitución: todos somos ighuais independentemente do sexo, relixión, orientación sexual, raza, afeccións, infeccións, carreiras, "traballos"... e eu añadiríalle: mentres durma vostede ben, sen facerse dano a vostede ou aos que lle rodean: let’s go!!!
Pero sempre o mellor para todos é ser normal. Non pensar demasiado, non cuestionar demasiado o establecido por outros/as, saír moito de marcha, non pensar, non estudiar, traballar as 24 horas en calquer traballo porque ... de algho hai que vivire. E non se che ocorra viaxar so/soa .... falar con todo o mundo, cantar, falar do que se quere olvidar ... etc ... etc
Mellor caladiños.
Mellor ir coa xente.
Mexar coma a xente.
Caghar coma a xente.
Comer á xente.
Non
Mellor ser un mobre
Sen pensar
En silencio
Aparentando
Ser boa persoa
Moi traballadora
Moi caladiña
Porque se nón
Malo
Pódente botar do traballo
Malo
Pensar
Malo
Escribir
Malo
Cantar
Malo
Falar
Malo
Porque non é o normal
Porque ti terías que estar saíndo de marcha
Olvidando
¿Bó?
EU QUE CHE SEI
XA NON CHE SEI QUE DICIR
FAI O QUE TI QUEIRAS!!!
OK
Mellor durmindo??
Por qué??
Mellor saíndo??
Por qué??
Mellor caladiña??
Por qué-por qué por qué?
PARA QUÉ??
PARA QUÉN??
Eu sinto sentir o que sinto. Sinto que penso. Penso que existo. Penso que eu son así. Sen etiquetas. Diferente? Tampouco porque teño os típicos problemas. Anormal? Sen insultar, de momento teño as catro extremidades!! ¿De ónde saíches? Da miña con-cien-cia jajajajajaja!!!
Eu penso que se alghén me preghunase quén quero ser de maior ... eu dudaría un instante ... a parte de dicir grhande ... faría memoria e probablemente diría Jonh Lennon, Indira Ghandi ou alghén polo estilo ... pero tampouco é o meu soño ... prefiro vivir na realidade e ser: EU!!! Ole!!
Como temos a sorte e a fortuna de ser LIBRES, nun país en teoría libre, democrático-constitucional, laico... temos a inmensa sorte de ter unha educación ata o de aghora pública e "de calidade" ...
Como temos/teño esa sorte de poder elexir o que nos ghusta, o que non nos ghusta ... temos ese dereito de ELECCIÓN eu o que fagho é exercela ghúste a quen lle ghuste, e ao que non que lle busque as cosquillas ao rato!!! Respetándonos, queréndonos-odiándonos, falando-escoitándonos ... etc ...
Eu digho: "que a miña vida é miña"
E "O meu tempo é meu"
Ata o de aghora son as "únicas" posesións que teño ...
Podo facer delas mentres non asasine, maltrate, abuse, roube...
Resúltame moi curioso cómo cando a xente me vai coñecendo, cando decido ABRIRME á xente vanme dicindo cousas como:
"Eu pensaba que eras extranxeira, xa que non falabas" (eu escoitaba, eu aprendía mentras eles/elas falaban)
"Eu pensaba que eras un home porque como levas o pelo tan curtiño" (moitas mulleres levan o pelo coma min e da ighual. E logho non é máis cómodo??)
"Eu pensaba que ti ..."
Aaaaahh.
Entonces é que pensades.
E eu que pensaba que non ...
Dighoo con sinceridade que éme ighual se para ó resto parezo extranxeira ou ghalegha, pobre ou rica, home ou muller : andróxina!!, traballadora ou baga; sucia ou limpia ...
Eu penso que son e vivo neste mundo. Nun mundo que está ferido de MORTE!!! Que non me ghusta o que hai e por iso xa fai uns anos decidín cambialo en vez de cambiar eu. Claro que costa: tempo?? Eu búscoo e o atopo de cando en vez. Cartos?? Traballo? Haberá que facer un pequeno esforzo:
ENTRE TODOS/AS
LENDO
MOITO
A TODOS
OS/AS AUTORES/AS
A MIN
A ÉL
A ELA
SEN PECHARSE
SEN ETIQUETAS
SEN INSULTOS
SEN TOPÓNIMOS
RESPETÁNDONOS
SEN APARIENCIAS!!!
(NON DIN QUE ESTAS ENGHANAN??)
AMANDO A QUEN QUEIRAMOS
FOLLANDO CON QUEN POIDAMOS/AMAMOS
................................................................
CON E EN ...
... LIBERTADE ...
... EXPRESÁNDONOS ...
... LIBREMENTE ...
... COS MESMOS DEREITOS ...
... TRABALLANDO TODOS ...
... UNIDOS/AS ...
... SEN APARIENCIAS ...
... QUE POIDAN ENGHANAR ...
... SEN ETIQUETAS ...
... CON MOITO TRABALLO ...
... DE TODOS/AS ...
null

1 comentario

Christian Louboutin mg -

When looking at the calendar on my desktop, I notice that it's less than 20 days away from the XMAS. Time is up to prepare a gift for my girlfriend and family. Last year, the winter is so cold, I just bought her several [url=http://www.aniub.com]UGG boots[/url] to warm her feet. But now my beautiful and slim girlfriend deserved more than before! I decide to give her a big pleasantly surprised, She love the high heel shoes so much, may be this is my best choice,[url=http://www.clpumps.com]Christian Louboutin shoes[/url] is a popular brand in recent years, the red high heels can make a women looks much more sexy, the special design and its high-quality raw materials also attract my eyes. The price may be a little expensive, how ever, it's worth the value. The high-heel shoes are favorites of ladies because the shoes adorn their legs, especially for the ladies whose legs are short. Maybe people usually saw high-heel shoes in the nightclubs 30 years ago, but now high-heel shoes help ladies a lot on dress up, no matter what you dress, it looks beautiful when you are wearing a pair of high-heel shoes and will attract men's eyes. The red sole design of Christian Louboutin is very beautiful,especially the [url=http://www.clpumps.com/Discount%20Christian%20Louboutin-pumps_c15]Christian Louboutin Pumps[/url], it is also a sign of the Christian Louboutin for about 20 years, but the one I have booked at a online Christian Louboutin shop is red and black, it looks very graceful and special, I think my wife should like it very much when she see open the gift box. Well, you know, the Christmas holiday is a good time for dating, next year maybe I will buy diamond ring, but this year Christian Louboutin is the best Christmas gift. What about your gifts for your girlfriends or the other people?